Ultimamente o nivel de bancos en Galicia está moi alto...
...Nós este ano fixemos dúas unidades do noso clásico modelo, en madeira de piñeiro, tipo "Lappset"...
...E como novidade tamén fixemos outro modelo, de diseño minimalista, en formigón; que pode instalarse en solitario, ou funcionar coma un módulo en distintas agrupacións.
...E tamén reciclamos unhas xardineiras (de anteriores xardíns efémeros) e as instalamos, coma hibrido entre mobiliario urbano e sinal de tráfico, na zona de entrada ao parking.
Parabens para os alumnos do CM de Xardinaría e Floraría: Rosa María Alonso Cantalapiedra e Juan Enrique Iglesias Álvarez, que veñen de acadar unha máis que merecida MEDAIA DE PRATA na categoría de "Xardinaría paisaxística" no campionato GaliciaSkills 2018, celebrado en Silleda os días 28 e 29.
Noraboa polo esforzo e o traballo realizado. Ver máis fotos
Asistimos, convidados por AGAEXAR ás "II Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas" celebradas o 19 de outubro en Allariz e organizadas pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).
A temática destas II Xornadas foi sobre "Paredes verticais e cubertas axardinadas", e os relatores foron: Dani Lacueva Falcó (Director Técnico de Babilon S.L, e Vicepresidente de ASESCUVE), Enric Sancho (Director Técnico de Cultidelta S.L.), Rui Reis (Arquitecto Paisajista), Filipa Mateus De Almeida (Enxeñeira Agrónoma) e Paulo Palha (Enxeñeiro Agrónomo).
Despois fomos visitar a IX edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, este ano o tema era "Erotismo no xardín".
As malas herbas nos céspedes son sempre un problema, e cada vez dispoñemos de menos herbicidas autorizados para o seu uso en céspedes recreativos; o que implica que si temos un céspede moi invadido de malas herbas interesa renovalo na sua totalidade.
Pero en moitos casos non é necesario empezar de cero laboreando novamente o terreo (OLLO: Si é necesario no caso dunha superficie mal nivelada, con pochancas e zonas de enchoupadas, problemas de drenaxe, etc). Na maioria dos casos pode ser suficiente con eliminar a totalidade das herbas existentes cun herbicida total, e despois retirar os restos vexetais deixando o chan o máis limpo posible. Xusto despois sementamos coa fórmula elexida, regamos, esperamos e....listo